As saídas profesionais das/os futuras/os Graduadas/os en Enfermaría céntranse nos centros públicos ou privados de atención sanitaria e socio-sanitaria e nos centros de atención sanitaria básica. Tamén poden desenvolver o seu traballo en asociacións ou nos servizos sanitarios da empresa privada.

As/os enfermeiras e enfermeiros teñen acceso a ocupacións de carácter asistencial, hospitalarias ou extrahospitalarias, así como a posibilidade de exercer a docencia e outras actividades non estrictamente asistenciais nos campos da investigación e na promoción de servizos  persoais. Tamén se pode exercer libremente a profesión, xeralmente en forma de prestación de asistencia a domicilio.

 

Os sectores nos que desenvolven a súa actividade profesional de xeito maioritario son: 

  • Hospitais
  • Clínicas
  • Ambulatorios
  • Centros de saúde
  • Balnearios
  • Centros sociosanitarios
  • Centros de rehabilitación
  • Garderías
  • Mutuas sanitarias