O título de Grao en Enfermaría da Universidade de Vigo ten como obxectivo a formación de enfermeiras/os xeneralistas con preparación científica, humana e capacidade para:

- Responder ás necesidades de coidados de saúde das persoas, familias, grupos e comunidades, dende unha percepción integral da persoa.- Establecer relacións interpersoais empáticas e eficaces con doentes, familias e equipo de traballo.- Actuar baseándose nos principios éticos, respectando os valores e dereitos individuais e mantendo a dignidade persoal.- Utilizar o pensamento crítico, a practica reflexiva e a metodoloxía científica.- Construír e contribuír ao desenvolvemento persoal, profesional e social. 

- Responder ás necesidades de coidados de saúde das persoas, familias, grupos e comunidades, dende unha percepción integral da persoa.

- Establecer relacións interpersoais empáticas e eficaces con doentes, familias e equipo de traballo.

- Actuar baseándose nos principios éticos, respectando os valores e dereitos individuais e mantendo a dignidade persoal.

- Utilizar o pensamento crítico, a practica reflexiva e a metodoloxía científica.

- Construír e contribuír ao desenvolvemento persoal, profesional e social.

   

 

 A formación clínica comeza con prácticas simuladas para o desenvolvemento de habilidades, continuando coas prácticas clínicas en centros asistenciais que permiten integrar e incorporar coñecementos, habilidades, actitudes e valores profesionais e explorar as diferentes realidades asistenciais.