Estimada/o alumna/o,

En nome do equipo directivo, de todo o profesorado e persoal de administración e servizos da Escola de Enfermería de Ourense, douche a benvida.

A Enfermería é unha disciplina da área da saúde, cuxa finalidade é satisfacer as necesidades que impón o coidado da saúde nun mundo en constante cambio.

O alumnado constitúe o eixo sobre o que vira a actividade do Centro, xa que como futuros profesionais seredes os principais protagonistas dos grandes cambios que se agardan na nosa profesión.

Polo tanto, traballaremos xuntos para que a experiencia e as novas ideas dean como froito profesionais emprendedores e creativos.

Saúdos cordiais

 

María Milagros Fernández Varela

Directora