O Programa de integración de universitarios/as con necesidades específicas (PIUNE), ten por obxecto facilitar os servizos e os recursos específicos para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo cos que conta o Centro e a Universidade de Vigo, istes últimos só os de acceso permitido a alumnado de centros adscritos.

As e os estudantes que o precisen para a súa integración na vida universitaria poderán facer uso do gabinete psicopedagóxico contratado pola Uvigo, sempre previa petición á UNATEN (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).

Podes contactar coa responsable PIUNE do centro para obter máis información ao respecto (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)