Plan de Estudos
Información xeral
- Número de créditos: 240 ECTS
- Formación básica: 60
- Ciencias da Enfermaría: 78
- Optativas: 12
- Prácticas externas: 84
- Traballo Fin de Grao: 6
- Rama de Coñecemento: Ciencias da Saúde
- Ámbito: Enfermería
- Centro de impartición: Escola de Enfermaría de Ourense
- Idiomas de impartición: Castelán e Galego.
Obxectivos
O obxectivo xeral do Grao en Enfermaría é formar enfermeiras e enfermeiros de coidados xeneralistas, que sexan quen de desenvolver no ámbito asistencial, de xestión administrativa, de prevención e promoción da saúde e de información e educación para a saúde, a nivel individual e comunitario. No ámbito asistencial, a súa formación capacitaraos para un exercicio responsable da enfermaría nos niveis de atención primaria, especializada e sociosanitaria.
O Grao en Enfermaría deseñouse para conseguir que os alumnos acaden os seguintes obxectivos relacionados na OM 2134/2008, de 3 de xullo, que establece os requisitos para a obtención do título que habilite para o exercicio da profesión regulada de enfermaría:
- Ser quen, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional acaída ás necesidades de saúde das persoas que atenden, consonte co estado de desenvolvemento de coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
- Planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familia ou grupos, orientados aos resultados en saúde evaluando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos que se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
- Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría.
- Comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural.
- Deseñar sistemas de coidados dirixidos ás persoas, familia ou grupos, evaluando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas.
- Basear as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
- Comprender sin prexuizos ás persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, como indivíduos autónomos e independentes, asegurando o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, garantindo o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o segredo profesional.
- Promover e respectar o dereito de participación, información, autonomía e o consentimento informado na toma de decisións das persoas atendidas, consonte a forma na qeu viven o seu proceso de saúde - enfermedade.
- Fomentar estilos de vida saudables, o autocoidado, apoiando o mantemento de conductas preventivas e terapéuticas.
- Protexer a saúde e o benestar das pesoas, familia ou grupos atentidos, garantindo a súa seguridade
- Establecer unha comunicación eficaz con pacientes, familia, grupos sociais e compañeiros e fomentar a educación para a saúde.
- Coñecer o código ético e deontolóxico da enfermaría española, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación.
- Establecer mecanismos de evaluación, considerando os aspectos científico-técnicos e os de calidade.
- Traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de xeito único ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
- Coñecer os sistemas de información sanitaria.
- Realizar os coidados de enfermaría baseándose na atención integral da saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
- Coñecer as estratexias para adoptar medidas de confortabilidade e atención síntomas, dirixidas ao paciente e familia, na aplicación de coidados paliativos que contribúan a aliviar a situación de enfermos avanzados e terminais.
ESTRUTURA DO PLAN DE ESTUDOS
Descrición Xeral Plan Docente | |
Estudo | Grao en Enfermaría |
Rama do coñecemento | Ciencias da Saúde |
Plan | GRAO EN ENFERMERARÍA (Campus Ourense) |
Código de titulación | 11590 |
Centro | ESCUELA DE ENFERMARÍA DE OURENSE |
BOE/DOG | Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 |
Carga Lectiva Total | 240 |
Distribución dos créditos, estrutura do ensino
Detalle da Carga Lectiva
Ciclo | Curso | FORMACIÓN BÁSICA | OBLIGATORIA | OPTATIVA | TRABALLO FIN DE GRAO | PRÁCTICAS EXTERNAS |
1 | 1 | 45 | 15 | 0 | 0 | 0 |
1 | 2 | 15 | 36 | 0 | 0 | 9 |
1 | 3 | 0 | 27 | 0 | 0 | 33 |
1 | 4 | 0 | 0 | 12 | 12 | 36 |
TOTAL | 60 | 78 | 12 | 12 | 78 |
(*) Plan estruturado por créditos:
- Código 11590
- Código 11400 ___en extinción
SAÍDAS PROFESIONAIS
- Asistencia sanitaria: coidados ao paciente en distintos ámbitos (hospitais, centros de atención primaria, mutuas, balnearios, ...). Actividades preventivas e asistencia sanitaria en empresas. Campañas de vacinación, ...
- Xestión sanitaria: xestión de recursos, administración hospitalaria, asesoramento, cooperación para o desenrolo en ONGs, ...
- Administración Pública: Hospitais, centros de súde, servizos de xestión e administración sanitaria das distintas administracións. Forzas armadas (http://www.reclutamiento.defensa.gob.es/como-ingresar/oficiales-con-titulacion/que-ofrecemos), Gardia civil (https://www.guardiacivil.es/es/index.html), Institucións penitenciarias, Instituto Social da Mariña, institucións da Unión Europea, ...
- Docencia : Ensinanza Universitaria, Formación Profesional , Educación para a saúdeen centros sanitarios así como en centros de ensinanza
- Investigación: Instituto Carlos III, Universidade, Centros asistenciais públicos e privados, empresas, ...
- Formación especializada vía EIR (Enfermeiro interno residente)