CURSO PONTE: GRAO EN ENFERMARÍA

1.- DESCRICIÓN DO TÍTULO

Denominación: Graduada/o en enfermaría

Modalidade de ensino: Presencial

Número de prazas ofertadas para o curso, segundo os centros

E.U.E. Ourense: 10

E.U.E. Pontevedra: 10

E.U.E. Meixoeiro: 10

E.U.E. Povisa: 20

Normativa - BOE

Resolución de 30 de octubre de 2015, de la Dirección General de Política Universitaria, por la que se publica el Acuerdo del Consejo de Ministros de 30 de octubre de 2015, por el que se determina el nivel de correspondencia al nivel del Marco Español de Cualificaciones para la Educación Superior del Título Universitario Oficial de Diplomado en Enfermería. 

Normativa de permanencia

http://secxeral.uvigo.es/opencms/export/sites/secxeral/sites/default/microsites/sxeral/Normativa/Uvigo/norm_perm_grao_master.pdfnorm_perm_grao_master.pdf

Créditos totais do curso de adaptación : 60

Centros onde se imparte ocurso de adaptación:

E.U.E Ourense, E.U.E Pontevedra, E.U.E. Meixoeiro y E.U.E Povisa

 

CRITERIOS ESPECÍFICOS DE SELECCIÓN E DISTRIBUCIÓN DE PRAZAS

Distribución de prazas:

- O 30% para quen acadara a diplomatura en Enfermaría nos 3 cursos académicos anteriores ao curso no que se pretenden matricular. No caso de haber máis solicitudes que prazas, repartir dentro dun ano académico, debe decidirse segundo o expediente académico e a experiencia laboral acreditada como enfermeira/o.

 - O 70% para quen acadara diplomatura en Enfermaría en cursos académicos distintos aos sinalados no párrafo anterior. No caso de ter máis solicitudes que prazas, decidirase segundo o expediente académico e a experiencia laboral acreditada como enfermeiras/os

 Se non se cubriran as prazas con algún dos dous grupos, pasarán a ofertarse como novas vacantes ao outro grupo para que non queden prazas libres.

 Criterios específicos de Selección:

- Valorarase a nota media do expediente ata un máximo de 4 puntos e a experiencia laboral ata un máximo de 6 puntos.

- Valorarase un punto por ano traballado. No caso de periodos inferiores procederase ao prorrateo da puntuación. Se a suma da puntuación dalgún/a candidato/a supera o límite establecido, no que consiga o máximo, terá a puntuación límite e para as restantes calcularase de xeito proporcional.

 Contidos: as/os diplomados en Enfermaría deberán superar os 60 créditos ECTS correspondentes ao cuarto curso do plan de estudos polo que deberán cursar:

NOME PERIODO   CARACTER   CRÉDITOS  
Atención de enfermaría nas emerxencias e catástrofes 1 SG Op.* 6
A enfermería nos estilos de vida e o termalismo 1 SG Op.* 6
Metodoloxía da investigación 1 SG Op.* 6
Prácticas clínicas IV 1 SG Ob. 18
Prácticas clínicas V 2 SG Ob. 18
Traballo fin de grao 2 SG Ob. 12

 

 * a/o alumna/o deberá cursar dúas optativas

 Unha vez formalizada a matrícula poderán ser obxecto de recoñecemento, a todos/as aqueles/as solicitantes que teñan máis de tres anos de experiencia laboral como enfermeiras/os, os 36 ECTS correspondentes ás prácticas clínicas. Ademáis os titulados das distintas escolas poderán teer dereito ao recoñecemento dos 12 ECTS correspondentes ás materias optativas dependendo das materias cursadas no plan de estudos de orixe.

  

Número de prazas ofertadas : 10 prazas