Perfil recomendado de ingreso

O perfil de ingreso recomendado para o acceso aos estudos de Grao en Enfermaría, consonte a lexislación vixente ao respecto, é o seguinte:

Estudante procedente do Bacharelato en Ciencias da Saúde e Ciclos Formativos Superiores en Ciencias da Saúde.

Nivel medio de idioma europeo.

Características individuais de interés polas relacións personais, tolerancia, solidariedade e superación persoal.

Para un/unha futuro/a estudante do título de Grao de Enfermaría é recomendable ter unha actitude de axuda ás persoas. Unha visión integral capaz de relacionar e relacionarse con todas as dimensións do ser humano. Ter unha axeitada disposición para o traballo en equipo, o estudo continuado, reflexivo e crítico, a adaptación continúa ao cambio e o manexo de situacións con gran carga física e emocional.

Ademais require responsabilidade, equilibrio, madureza persoal e boa saúde.

A/o alumna/o que desexe cursar os estudos de Grao de Enfermaría debe posuir unhas aptitudes que lle permitan integrar e manexar con habilidade os coñecementos acadados durante o periodo formativo.

Amais sería recomendable:

• Motivación ante a elección da titulación.

• Boa capacidade de expresión oral en castelán e en galego.

• Capacidade de análise.

• Capacidade de síntese.

• Capacidade de liderado.

• Capacidade de busca en fontes bibliográficas.

• Conciencia da necesidade de formación continua ao longo da vida.

• Coñecementos suficientes de bioloxía, estatística, física e química.

• Lectura comprensiva.

• Coñecementos básicos de informática (nivel de usuario).

• Capacidade para ler e escribir en inglés.

 

Requisitos de acceso.

Máis información: CIUG

Para acceder aos estudos de Grao en Enfermaría, tal e como estipula o artigo 14 do R.D. 1393/2007, será necesario acharse en posesión do título de bacharel ou equivalente e a superación da proba a que alude o artigo 42 da Lei Orgánica 6/2001, de Universidades, modificada pola Lei 4/2007, de 12 de abril, sen prexuízo dos demáis mecanismos de acceso previstos pola normativa vixente. Neste senso, a futura modificación das Probas de Acceso á Universidade decreto que regula o acceso a estudos universitarios, servirá de base para establecer as vías de acceso a estes estudos tendo en conta as asignaturas cursadas e evaluadas en Bacharelato que garden relación cos contidos formativos desta titulación.

Tamén se poderá utilizar calquera das seguintes vías para acceder a estes estudos:

PAU.

Título de Ciclo Formativo de Graduado Superior ou equivalente relacionado, polos seus deseños curriculares, cos contidos formativos da titulación.

Titulados universitarios.

Maiores de 25, 40 e 45 anos que teñan superado a proba de acceso específica.

Se o/a alumno/a tivera máis dunha vía de acceso, poderá facer uso simultáneamente de todas elas para ingresar nestes estudos no intre de formalizar a súa preinscrición.

 

Títulos académicos ou probas que habilitan para matricularse en estudos conducentes a ensinanzas de Grao

Trámites para estudantes de grao