Estimada/o alumna/o,
En nome do equipo directivo, de todo o profesorado e persoal de administración e servizos da Escola de Enfermería de Ourense, douche a benvida.
A Enfermería é unha disciplina do ámbito das Ciencias da Saúde, cuxa finalidade é satisfacer as necesidades que impón o coidado da saúde nun mundo en constante cambio.
O alumnado constitúe o eixo sobre o que vira a actividade do Centro, xa que como futuros profesionais seredes os principais protagonistas dos grandes cambios que se agardan na nosa profesión.
Polo tanto, traballaremos xuntos para que a experiencia e as novas ideas, dean como froito profesionais emprendedores e creativos.
Saúdos cordiais
María Milagros Fernández Varela
Directora