Plan de Estudos
Información xeral
- Número de créditos: 240 ECTS
- Formación básica: 60
- Ciencias da Enfermaría: 78
- Optativas: 12
- Prácticas externas: 78
- Traballo Fin de Grao: 12
- 4º curso implantado dende o 2013 - 2014
- Rama de Coñecemento: Ciencias da Saúde
- Centro de impartición: Escola de Enfermaría de Ourense
- Idiomas de impartición: Castelán e Galego.
Obxectivos
O obxectivo xeral do Grao en Enfermaría é formar enfermeiras e enfermeiros de coidados xeneralistas, que sexan quen de desenvolver no ámbito asistencial, de xestión administrativa, de prevención e promoción da saúde e de información e educación para a saúde, a nivel individual e comunitario. No ámbito asistencial, a súa formación capacitaraos para un exercicio responsable da enfermaría nos niveis de atención primaria, especializada e sociosanitaria.
O Grao en Enfermaría deseñouse para conseguir que os alumnos acaden os seguintes obxectivos relacionados na OM 2134/2008, de 3 de xullo, que establece os requisitos para a obtención do título que habilite para o exercicio da profesión regulada de enfermaría:
- Ser quen, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional acaída ás necesidades de saúde das persoas que atenden, consonte co estado de desenvolvemento de coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
- Planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familia ou grupos, orientados aos resultados en saúde evaluando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos que se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
- Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría.
- Comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural.
- Deseñar sistemas de coidados dirixidos ás persoas, familia ou grupos, evaluando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas.
- Basear as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
- Comprender sin prexuizos ás persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, como indivíduos autónomos e independentes, asegurando o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, garantindo o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o segredo profesional.
- Promover e respectar o dereito de participación, información, autonomía e o consentimento informado na toma de decisións das persoas atendidas, consonte a forma na qeu viven o seu proceso de saúde - enfermedade.
- Fomentar estilos de vida saudables, o autocoidado, apoiando o mantemento de conductas preventivas e terapéuticas.
- Protexer a saúde e o benestar das pesoas, familia ou grupos atentidos, garantindo a súa seguridade
- Establecer unha comunicación eficaz con pacientes, familia, grupos sociais e compañeiros e fomentar a educación para a saúde.
- Coñecer o código ético e deontolóxico da enfermaría española, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación.
- Establecer mecanismos de evaluación, considerando os aspectos científico-técnicos e os de calidade.
- Traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de xeito único ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
- Coñecer os sistemas de información sanitaria.
- Realizar os coidados de enfermaría baseándose na atención integral da saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
- Coñecer as estratexias para adoptar medidas de confortabilidade e atención síntomas, dirixidas ao paciente e familia, na aplicación de coidados paliativos que contribúan a aliviar a situación de enfermos avanzados e terminais.
ESTRUTURA DO PLAN DE ESTUDOS
Descrición Xeral Plan Docente | |
Estudo | Grao en Enfermaría |
Rama do coñecemento | Ciencias da Saúde |
Plan | GRAO EN ENFERMERARÍA (Campus Ourense) |
Código de titulación | O51G140 |
Centro | ESCUELA DE ENFERMARÍA DE OURENSE |
BOE/DOG | Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 |
Carga Lectiva Total | 240 |
Distribución dos créditos, estrutura do ensino
Detalle da Carga Lectiva
Ciclo | Curso | FORMACIÓN BÁSICA | OBLIGATORIA | OPTATIVA | TRABALLO FIN DE GRAO | PRÁCTICAS EXTERNAS |
1 | 1 | 45 | 15 | 0 | 0 | 0 |
1 | 2 | 15 | 36 | 0 | 0 | 9 |
1 | 3 | 0 | 27 | 0 | 0 | 33 |
1 | 4 | 0 | 0 | 12 | 12 | 36 |
TOTAL | 60 | 78 | 12 | 12 | 78 |
(*) Plan estruturado por créditos:
Detalle materias Curso primeiro
Código | Descrición | Tipo | Créditos |
G140101 | ANATOMÍA HUMANA | FB | 9 |
G140102 | PSICOLOXÍA | FB | 9 |
G140103 | BIOQUÍMICA | FB | 6 |
G140104 | ENFERMARÍA COMUNITARIA | OB | 6 |
G140105 | FISIOLOXÍA | FB | 9 |
G140106 | ESTATÍSTICA | OB | 6 |
G140107 | FUNDAMENTOS DE ENFERMARÍA | FB | 9 |
G140108 | INGLÉS TÉCNICO | FB | 6 |
Detalle materias Curso segundo
Código | Descrición | Tipo | Créditos |
G140201 | INTRODUCIÓN Á ENFERMARÍA CLÍNICA | FB | 6 |
G140202 | BIOÉTICA E LEXISLACIÓN | OB | 6 |
G140203 | FARMACOLOXÍA E DIETÉTICA | FB | 9 |
G140204 | ENFERMARÍA CLÍNICA I | OB | 9 |
G140205 | ENFERMARÍA CLÍNICA II | OB | 6 |
G140206 | EENFERMARÍA COMUNITARIA II | OB | 9 |
G140207 | XESTIÓN DE ENFERMARÍA | OB | 6 |
G140208 | PRÁCTICAS CLÍNICAS I | OB | 9 |
Detalle materias Curso terceiro
Código | Descrición | Tipo | Créditos |
G140301 | ENFERMARÍA CLÍNICA III | OB | 6 |
G140302 | ENFERMARÍA MATERNO-INFANTIL | OB | 9 |
G140303 | PRÁCTICAS CLÍNICAS II | OB | 15 |
G140304 | ENFERMARÍA XERIÁTRICA E COIDADOS PALIATIVOS | OB | 6 |
G140305 | ENFERMARÍA EN SAÚDE MENTAL | OB | 6 |
G140306 | PRÁCTICAS CLÍNICAS III | OB | 18 |
Detalle materias Curso Cuarto
Código | Descrición | Tipo | Créditos |
G140405 | PRÁCTICAS CLÍNICAS IV | OB | 18 |
G140406 | PRÁCTICAS CLÍNICAS V | OB | 18 |
G140407 | TRABALLO FIN DE GRAO | OB | 12 |
G140401 | METODOLOXÍA DA INVESTIGACIÓN | OP | 6 |
G140418 | A ENFEMERMARÍA NOS ESTILOS DE VIDA E O TERMALISMO | OP | 6 |
G140413 | ATENCIÓN DE ENFERMARÍA NAS EMERXENCIAS E CATÁSTROFES | OP | 6 |
MÓDULO DE FORMACIÓN BÁSICA COMÚN: 60 ECTS
1. Anatomía Humana 9 ECTS
2. Fisioloxía. 9 ECTS
3. Psicoloxía. 9 ECTS
4. Estatística. 6 ECTS
5. Bioquímica. 6 ECTS
6. Inglés Técnico. 6 ECTS
7. Farmacoloxía e Dietética. 9 ECTS
8. Introdución á Enfermaría Clínica 6 ECTS
MÓDULO DE CIENCIAS DA ENFERMARÍA. 78 ECTS
1. Fundamentos dEnfermaría. 9 ECTS
2. Enfermaría Comunitaria. 15 ECTS
3. Enfermaría Clínica. 21 ECTS
4. Enfermaría Materno-infantil. 9 ECTS
5. Enfermaría Xeriátrica e Coidados paliativos.6 ECTS
6. Enfermaría en Saúde Mental. 6 ECTS
7. Xestión de Enfermaría. 6 ECTS
8. Ética e Lexislación. 6 ECTS
MÓDULO PRÁCTICAS TUTELADAS E TRABALLO FIN DE GRAO.
90 ECTS
1. Prácticas Clínicas I. 9 ECTS
2. Prácticas Clínicas II. 15 ECTS
3. Prácticas Clínicas III. 18 ECTS
4. Prácticas Clínicas IV. 18 ECTS
5. Prácticas Clínicas V. 18 ECTS
6. Traballo Fin de Grao 12 ECTS
MÓDULO DE MATERIAS OPTATIVAS.
1. Optativa I 6 ECTS
2. Optativa II 6 ECTS
SAÍDAS PROFESIONAIS
- Asistencia sanitaria: coidados ao paciente en distintos ámbitos (hospitais, centros de atención primaria, mutuas, balnearios, ...). Actividades preventivas e asistencia sanitaria en empresas. Campañas de vacinación, ...
- Xestión sanitaria: xestión de recursos, administración hospitalaria, asesoramento, cooperación para o desenrolo en ONGs, ...
- Administración Pública: Hospitais, centros de súde, servizos de xestión e administración sanitaria das distintas administracións. Forzas armadas (http://www.reclutamiento.defensa.gob.es/como-ingresar/oficiales-con-titulacion/que-ofrecemos), Gardia civil (https://www.guardiacivil.es/es/index.html), Institucións penitenciarias, Instituto Social da Mariña, institucións da Unión Europea, ...
- Docencia : Ensinanza Universitaria, Formación Profesional , Educación para a saúdeen centros sanitarios así como en centros de ensinanza
- Investigación: Instituto Carlos III, Universidade, Centros asistenciais públicos e privados, empresas, ...
- Formación especializada vía EIR (Enfermeiro interno residente)