Saídas Profesionais
Como se recolle na Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias, a posesión do título de Graduado en Enfermaría habilita para o exercicio da profesión sanitaria regulada de Enfermeira/o por conta propia ou allea (Orden CIN/2134/2008, de 3 de julio).
Corresponde a estes profesionais a dirección, avaliación e prestación dos coidados de Enfermería orientados á promoción, mantemento e recuperación da saúde, así como á prevención de enfermidades e discapacidades.
Os profesionais sanitarios desenvolven funcións nos ámbitos asistencial, investigador, docente, de xestión clínica, de prevención e de información e educación sanitaria.
A súa labor profesional pode lévala a cabo en centros sanitarios públicos e privados, en empresas, centros penitenciarios, forzas armadas, forzas e corpos de seguridade do estado, ...
Por outra banda, estar en posesión do título de graduado en Enfermaría permite o acceso a algunha das especialidades de Enfermería reguladas polo RD 450/2005, do 22 de abril, polo sistema de residencia en unidades docentes acreditadas (vía E.I.R), sendo estas as seguintes:
- Enfermería de Saúde Mental
- Enfermería Obstétrico-Xinecolóxica (matrona)
- Enfermería Xeriátrica
- Enfermería do Traballo
- Enfermería de Coidados Médico-Cirúrxicos
- Enfermería Familiar e Comunitaria
- Enfermería Pediátrica
Saídas Académicas
O título de Grao en Enfermaría permite ao titulado acceder a Títulos Oficiais de Máster, en virtude do RD 1393/2007 polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais.
Segundo a normativa vixente pola que se regulan os ensinos oficiais de doutoramento, RD 99/2011, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dun título oficial de Grao e de Máster Universitario. Por tanto, este título permite, xunto cun título de Máster de polo menos 60 créditos ECTS, acceder a un programa de doutoramento.