O título de Grao en Enfermaría da Universidade de Vigo ten como obxectivo a formación de enfermeiras/os xeneralistas con preparación científica, humana e capacidade para:
- Responder ás necesidades de coidados de saúde das persoas, familias, grupos e comunidades, dende unha percepción integral da persoa. - Establecer relacións interpersoais empáticas e eficaces con doentes, familias e equipo de traballo. - Actuar baseándose nos principios éticos, respectando os valores e dereitos individuais e mantendo a dignidade persoal. - Utilizar o pensamento crítico, a practica reflexiva e a metodoloxía científica. - Construír e contribuír ao desenvolvemento persoal, profesional e social. |
A formación clínica comeza con prácticas simuladas para o desenvolvemento de habilidades, continuando coas prácticas clínicas en centros asistenciais que permiten integrar e incorporar coñecementos, habilidades, actitudes e valores profesionais e explorar as diferentes realidades asistenciais.